Xoves 18 Abril 2024

O cantil máis alto do Sistema Solar

Créditos da imaxe: Voyager 2, NASA
Créditos da imaxe: Voyager 2, NASA

Explicación: sobrevirías a un chouto desde o cantil máis alto do Sistema Solar? É bastante posible. Estímase que Verona Rupes, na lúa  Miranda de Urano, ten 20 quilómetros de fondo; dez veces a fondura do Gran Canón da Terra. Debido á baixa gravidade de Miranda, a un aventureiro na procura de emocións fortes levaríalle 12 minutos chegar ao fondo á velocidade dun coche de carreiras; a uns 200 quilómetros por hora. Aínda así, podería sobrevivir á caída coa protección con airbag axeitada. Aimaxe publicada de Verona Rupes foi captada polo paso da nave espacial automática Voyager 2 en 1986. Aínda se descoñece como se creou o cantil xigante, pero posiblemente estea relacionado cun gran impacto ou o movemento tectónicosuperficial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón