O campo magnético da nosa galaxia desde o Planck

O campo magnético da nosa galaxia desde o Planck

O campo magnético da nosa galaxia desde o Planck
Créditos da imaxe e copyright: ESA/Planck; Agradecementos: M.-A. Miville-Deschênes, CNRSIAS, U. Paris-XI.

Explicación: a que se parecería o campo magnético da nosa Galaxia? Sabíase hai moito tempo que un campo magnético modesto impregna a nosa galaxia Vía Láctea porque se observa como aliña os pequenos grans de po que esparexen a luz do fondo. Porén, só recentemente o satélite Planck, que orbita a Terra, chegou a facer un mapa de alta resolución deste campo. Con códigos de cor, o mapa de 30 graos de ancho confirma, entre outras cousas, que o magnetismo interestelar da Galaxia é máis forte no disco central. A rotación do gas cargado ao redor do centro galáctico crea este magnetismo e hai a hipótese de que mirando desde o alto, o campo magnético da Vía Láctea pareceríase a unha espiral xirando desde o centro. O que provoca moitos dos detalles neste e mapas semellantes do Planck, e como o magnetismo en xeral afectou á evolución da nosa Galaxia, probablemente siga a ser materia de investigación nos seguintes anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.