O cabaliño de mar e a Gran Nube de Magallanes

Gran Nube de Magallanes
Créditos da imaxe: NASA, ESA e M. Livio (STScI).

Explicación: pode parecer un grácil cabaliño de mar, pero o obxecto escuro cara a dereita da imaxe realmente é un piar de po fumegante duns 20 anos luz de longo. A estrutura de po de forma tan curiosa ocorre na nosa veciña Gran Nube de Magallanes, nunha rexión de formación estelar moi preto da gran Nebulosa Tarántula. A potente nebulosa está a crear un cúmulo estelar, NGC 2074, cuxo centro se pode ollar xusto na parte superior da imaxe na dirección do pescozo do cabaliño de mar. A imaxe en cores representativos tirouse o ano pasado pola Cámara Wide Field Planetary 2 do Telescopio Espacial Hubble Space na honra da volta número 100.000 da viaxe do Hubble ao redor da Terra. Mentres se forman as estrelas novas no cúmulo, a súa luz e ventos erosionarán paseniñamente os piares de po durante os vindeiros millóns de anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.