O arrubiamento de M71

 Cúmulo globular de estrela M71
Créditos da imaxe e copyright: Bob Franke.

Explicación: coñecido agora coma un cúmulo globular de estrelas coa tenra idade de 10 mil millóns de anos, M71 está a uns simples 13.000 anos luz de distancia nos estreitos límites da feble constelación Sagitta. Preto do plano da galaxia Vía Láctea no ceo do planeta Terra, os seus aproximados 10.000 membros estelares recóllense nunha rexión dun diámetro duns 27 anos luz preto do centro desta composición en cor. De feito, a liña de visión de M71 pasa ao longo do plano galáctico atravesado unha chea de po interestelar difuso. O po atenúa a luz estelar e esparexe a luz azul de xeito máis eficiente, enmascarando o brillo das estrelas de M71 e variando as súas cores reais cara o vermello. En que grao variaron as cores das estrelas? Preme sobre a imaxe (ou segue esta ligazón) para ter unha estimación do arrubiamento debida ao po ou a extinción galáctica para corrixir as cores estelares en M71. As correccións do brillo e cores das estrelas membro de M71 son necesarias para medir a distancia maila idade do cúmulo empregando un diagrama Cor-Magnitude.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.