Mércores 24 Abril 2024

Nubes asperatus sobre Nova Zelandia

Créditos da imaxe e copyright: Witta Priester
Créditos da imaxe e copyright: Witta Priester

Explicación: que clase de nubes son estas? Aínda que a súa causa se descoñece nestes momentos, semellantes estruturas atmosféricas, tan ameazantes como podería parecer, non resultan ser heraldos dunha perdición meteorolóxica. Coñecidas de xeito informal coma nubes Undulatus asperatus, poden ser de aparencia impresionante, que ocorren raramente, relativamente sen estudiar e incluso ser suxeridas coma un novo tipo de nube. Mentres que a maioría das cubertas de nubes baixas son planas por debaixo, as nubes asperatus semellan ter unha estrutura vertical significativa na parte inferior. Por tanto especúlase con que as nubes asperatus poderían relacionarse coas nubes lenticulares que se forman preto das montañas, ou coas nubes mammatus asociadas ás tormentas, ou quizais cun vento foehn; unha clase de vento seco descendente que circula desde as montañas. Coma un vento denominado o Canterbury arch que flúe cara a costa leste da Illa Sur de Nova Zelandia. A fotografía superior, realizada sobre Hanmer Springs en Canterbury (Nova Zelandia) en 2005, amosa gran detalle debido en parte a que a luz solar ilumina desde un lateral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón