Xoves 28 Marzo 2024

No val de Orión

Créditos da visualización: NASA, ESA, F. Summers, G. Bacon, Z. Levay, J. DePasquale, L. Frattare, M. Robberto, M. Gennaro (STScI) e R. Hurt (Caltech/IPAC)
Créditos da visualización: NASA, ESA, F. Summers, G. Bacon,
Z. Levay, J. DePasquale, L. Frattare, M. Robberto, M. Gennaro (STScI) e R. Hurt (Caltech/IPAC)

Explicación: esta imaxe emocionante e pouco familiar da nebulosa de Orión é unha visualización baseada en datos astronómicos e técnicas de creación de animacións. and movie rendering techniques. Cara a cara coa famosa gardería estelar que normalmente se olla a 1 500 anos luz de distancia, o fotograma modelado dixitalmente pasa dunha representación en luz visual baseada en datos do Hubble á esquerda aos datos infravermellos do Telescopio Espacial Spitzer á dereita. A perspectiva do centro mira ao longo dun val cun ano luz de anchura, na parede da xigante nube molecular da rexión. O val de Orión remata nunha cavidade escavada polos potentes ventos e a radiación das estrelas centrais masivas do cúmulo estelar Trapecio. O único fotograma é parte dun vídeo tridimensional e en multitude de lonxitudes de onda que deixa que o observador experimente un voo inmersivo de tres minutos de duración ao través da Gran Nebulosa de Orión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como e quen decide se unha alumna ou un alumno ten altas capacidades?

O ámbito intelectual, o pensamento diverxente, a personalidade e o axuste socioemocional son claves para a valoración

Así soa unha das estrelas máis espectaculares da Vía Láctea

Un proxecto da NASA converte a luz de RS Puppis en son con fins divulgativos e de accesibilidade para persoas con discapacidade visual

A nave da misión Artemis I regresa con éxito á Terra tras un mes xirando arredor da Lúa

A cápsula da misión Artemis I amarou o pasado domingo nas augas do Océano Pacífico tras facer historia co seu voo de case 26 días sen tripulación en torno ao noso satélite

Así son os primeiros momentos tras a explosión dunha supernova

O telescopio Hubble fotografa as primeiras fases dun estoupido estelar que se produciu no universo primitivo