Xoves 18 Abril 2024

No límite da difracción

No límite da difracción
Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Observatorio Las Campanas, Carnegie Institution).

Explicación: algunha vez quixeches mirar ao través dun ocular dun gran telescopio no espazo? Se puideses, ollarías unha imaxe definida que estaría limitada pola difracción. Sen afectar polo enturbamento atmosférico que ultimamente amola aos observadores terrestres, a resolución angular da túa visión limitada pola difracción estaría determinada só pola lonxitude de onda da luz e o diámetro da lente ou espello do telescopio; canto máis grande o diámetro, máis definida a imaxe. Aínda máis, nesta instantánea baseada en traballo terrestre está a usarse un novo sistema de óptica adaptativa (MagAO) para contrarrestar o desenfocado atmosférico nunha observación visual do famoso sistema estelar binario Alpha Centauri. O astrónomo Laird Close, probando o sistema nun ocular do Telescopio Magellan Clay de 6,5 metros no Observatorio Las Campanas, está a gozar dunha himaxe histórica limitada á difracción (inserto) e a ampla separación aparente do sistema estelar binario achegado… sen viaxar á órbita baixa terrestre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente