Venres 29 Marzo 2024

No corazón da nebulosa Corazón

Créditos e copyright:Alan Erickson
Créditos e copyright:Alan Erickson

Explicación: que hai no interior da nebulosa Corazón? O primeiro, a gran nebulosa de emisión denominada IC 1805 que se asemella, en conxunto, a un corazón humano. Quizais bo xeito de celebrar no Día de San Valentín, este corazón brilla pola luz vermella emitida polo seu elemento máis importante: o hidróxeno. O brillo vermello e a forma máis grande son creadas por un pequeno grupo de estrelas preto do centro da nebulosa. No corazón da nebulosa Corazón hai estrelas novas do cúmulo estelar aberto Melotte 15 que están a erosionar varios piares pintorescos de po coa súa potente luz e ventos. O cúmulo aberto contén unhas poucas estrelas brillantes cunhas 50 veces a masa do noso Sol, moitas estrelas febles con só unha fracción da masa solar e un microcuásar ausente que foi expulsado hai millóns de ano. A nebulosa Corazón está a uns 7 500 anos luz de distancia cara a constelación da mitolóxica Raíña de Etiopía (Cassiopeia).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Atopada en ratos a primeira diana terapéutica contra a hipertensión pulmonar

Investigadores españois dan o primeiro paso para salvar a función cardíaca en pacientes con esta rara pero letal enfermidade

Un equipo galego emprega unha nova técnica de cirurxía coronaria que evita o uso de ‘stents’

Investigadores do Álvaro Cunqueiro publican un estudo en 'The Lancet' sobre un método que non deixa atrás ningunha estrutura metálica permanente

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón