NGC7822 en Cepheus

Créditos da imaxe e copyright: Steve Cannistra (StarryWonders)
Créditos da imaxe e copyright: Steve Cannistra (StarryWonders)
Créditos da imaxe e copyright: Steve Cannistra (StarryWonders)
Créditos da imaxe e copyright: Steve Cannistra (StarryWonders)

Explicación: as estrelas novas e quentes e os piares cósmicos de gas e po semellan ateigar o interior de NGC 7822. No bordo dunha nube molecular xigante cara a constelación setentrional Cepheus, a brillante rexión de formación estelar atópase a uns 3.000 anos luz de distancia. Dentro da nebulosa, os bordos brillantes e as formas escuras saliéntanse nesta paisaxe celeste chea de cor. A imaxe inclúe datos de filtros de banda estreita, o cartografado das emisións dos átomos de osíxeno, hidróxeno e xofre nas cores azul, verde e vermella. A relación entre liña de emisión e cor fíxose famosa como a paleta do Hubble. A emisión atómica é potenciada pola radiación enerxética das estrelas quentes centrais. Os seus potentes ventos e radiación esculpen e erosionan as formas dos piares máis densos e clarexan unha cavidade característica de anos luz de diámetro no centro da nube natal. Poida que se estean a formar estrelas dentro dos piares por colapso gravitacional pero mentres os piares se erosionan, calquera estrela en formación esgotará ao final as reservas de material estelar. Este eido de visión abarca uns 40 anos luz á distancia estimada de NGC 7822.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.