Sábado 20 Abril 2024

NGC 891 fronte a Abell 347

Créditos da imaxe e copyright: Laszlo Bagi
Créditos da imaxe e copyright: Laszlo Bagi

Explicación: as galaxias afastadas atópanse ben aló das estrelas con picos da Vía Láctea, en primeito plano, neste campo de vista telescópico. A escena, centrada nunha amarelada estrela HD 14771, abarca aproximadamente un grao do ceo cara a constelación setentrional Andrómeda. Na parte superior dereita está a gran galaxia espiral NGC 891, con 100 anos luz de diámetro e que se ve case exactamente de canto. A uns 30 millóns de anos luz de distancia, NGC 891 parécese unha morea á nosa propia Vía Láctea co seu disco galáctico aplanado e fino. O seu disco mailo bulbo central son cruzados polo medio por nubes escuras de po. Espallados cara a parte inferior esquerda están os membros do cúmulo galáctico Abell 347. A case 240 millóns de anos luz de distancia, Abell 347 fachendea das súas propias galaxias grandes nesta definida imaxe. Son semellantes a NGC 891 en tamaño físico pero se atopan a case 8 veces maior distancia, polo que as galaxia de Abell 347 teñen máis ou menos a octava parte do tamaño aparente de NGC 891.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón