NGC 6823: cúmulo estelar que esculpe unha nube

Cumulo estelar ngc6823
Cumulo estelar ngc6823
Créditos da imaxe e copyright: Donald P. Waid (Waid Observatory).

Explicación: o cúmulo estelar NGC 6823 está a converter paseniñamente as nubes de gas en estrelas. O centro do cúmulo aberto, visible na parte superior dereita, formouse hai só dous millóns de anos e está dominado no seu brillo por unha chea de estrelas mozas azuis e brillantes. Algunhas partes do cúmulo máis externas, que se poden ollar no centro da imaxe publicada na forma de estrelas e piares da nebulosa de emisión chamada NGC 6820, conteñen aínda estrelas máis novas. Os enormes piares de gas e po probablemente acadaron a súa forma alongada pola erosión procedente da radiación quente emitida desde as estrelas máis brillantes do cúmulo. Tamén poden ollarse espectaculares glóbulos escuros de gas e po por toda a parte superior esquerda da imaxe publicada. O cúmulo estelar aberto NGC 6823 abarca uns 50 anos luz e atópase a uns 6.000 anos luz de distancia cara a constelación da Raposa (Vulpecula).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.