NGC 6357: país das marabillas estelar

Créditos da imaxe: raios X: NASA/CXC/PSU/L. Townsley et al; Visual: UKIRT; Infravermello: NASA/JPL-Caltech

Explicación: por razóns descoñecidas, NGC 6357 está a formar algunhas das estrelas máis masivas nunca antes descubertas. Este complexo país das marabillas de formación estelar consiste en numerosos filamentos de po e gas arrodeando enormes cavidades de cúmulos de estrelas masivas. Os patróns intrincados están provocados polas interaccións complexas entre os ventos interestelares, presións de radiación, campos magnéticos maila gravidade. A imaxe publicada inclúe no só a luz visible tomada polo telescopio UKIRT en Hawaii (azul) coma parte do SuperCosmos Sky Surveys (Exploración do Ceo SuperCosmos), a luz infravermella do telescopio espacial Spitzer en órbita da NASA (laranxa) e luz de raios X do observatorio de raios X Chandra en órbita da NASA (rosa). NGC 6357 abarca uns 100 anos luz e atópase a uns 5.500 anos luz de distancia cara a constelación do Escorpión. En 10 millóns de anos, as estrelas máis masivas que se ollan actualmente en NGC 6357 xa terán explosionado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.