Xoves 28 Marzo 2024

NGC 6357: a catedral das estrelas masivas

Créditos da imaxe: NASA, ESA e Jesús Maíz Apellániz (IAA, España). Agradecementos: Davide De Martin (ESA/Hubble)
Créditos da imaxe: NASA, ESA e Jesús Maíz Apellániz (IAA, España). Agradecementos: Davide De Martin (ESA/Hubble)

Explicación: ata canto de masiva pode ser unha estrela normal? As estimacións feitas a partires da distancia, o brillo mailos modelos solares estándar indican que unha estrela do cúmulo aberto Pismis 24 ten unhas 200 veces a masa do noso Sol, convertíndose nunha das estrelas máis masivas coñecida. Esta estrela é o obxecto máis brillante situado xusto por riba do gas da parte frontal da imaxe publicada. Porén, unha inspección achegada de imaxes tomadas co Telescopio Espacial Hubble amosaron que Pismis 24-1 obtén a súa luminosidade brillante non dunha única estrela senón de tres polo menos. As estrelas compoñentes terían preto de 100 masas solares, situándose entre as estrelas máis masivas rexistradas actualmente. Cara o fondo da imaxe, as estrelas aínda se están a formar na nebulosa de emisión asociada NGC 6357. Quizais semelle unha catedral gótica, coas potentes estrelas preto do centro semellando estar a ceibarse e alumear un casulo espectacular.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente