NGC 6240: galaxias en fusión

NGC 6240: galaxias en fusión

NGC 6240: galaxias en fusión
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Heritage (STScI / AURA), A. Evans (U. Virginia / NRAO / Stony Brook U.).

Explicación: NGC 6240 ofrece unha ollada estraña e achegada dunha catástrofe cósmica nos seus últimos estertores. A titánica colisión galaxia-galaxia, na constelación Ophiuchus, ten lugar a tan só 400 millóns de anos luz de distancia. As galaxias en fusión cuspen colas de marea distorsionadas de estrelas, gas e po e sufren estoupidos de formación estelar rápidos e furiosos. Os dous buratos negros supermasivos dos núcleos galácticos orixinais tamén coalescerán nun único e aínda máis masivo burato negro e, cedo, só ficará unha galaxia grande. Esta imaxe emocionante da escena é unha composición de datos que van desde a banda estreita e o infravermello achegado aos de banda ancha e visible, das cámaras ACS e WPC3 do Hubble, unha vista que abarca uns 300.000 anos luz á distancia estimada de NGC 6240.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.