NGC 602 na nebulosa do Lagarto Voador

NGC 602 na nebulosa do Lagarto Voador

NGC 602 na nebulosa do Lagarto Voador
Créditos da imaxe e copyright: Don Goldman.

Explicación: preto dos arrabaldes da Pequena Nube de Magallanes, unha galaxia satélite a uns 200 milleiros de anos luz de distancia, atópase o cúmulo estelar NGC 602, con 5 millóns de anos de idade. NGC 602, arrodeado polo po e gas natais, está xusto por baixo do centro deste campo de vista telescópico co tamaño angular da Lúa Chea no ceo. O propio cúmulo ten uns 200 anos luz de diámetro. As cristas brillantes do interior e as formas arrasadas da parte traseira suxiren con intensidade que a potente radiación e as ondas de choque procedentes das estrelas novas e masivas de NGC 602 erosionaron o material poeirento e desencadearon unha progresión de formación estelar, afastándose do centro do cúmulo. Por suposto, as ás de emisión máis espalladas pola zona suxiren o nome popular do complexo contorno cósmico, a nebulosa do Lagarto Voador.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.