NGC 2419, un vagabundo intergaláctico

NGC 2419, un vagabundo intergaláctico

NGC 2419, un vagabundo intergaláctico
Créditos da imaxe e copyright: Bob Franke.

Explicación: tres obxectos destacan nesta profunda imaxe telescópica, unha visión cara a constelación furtiva de Lynx. Os dous máis brillantes (con picos) son estrelas achegadas. O terceiro é o afastado cúmulo estelar globular NGC 2419, á distancia de case 300 000 anos luz. NGC 2419 ás veces chámase “o Vagabundo Intergaláctico”, un título axeitado considerando que a distancia á galaxia satélite da Vía Láctea, a Gran Nube de Magallanes, é só duns 160.000 anos luz. O propio NGC 2419, máis ou menos semellante a outros grandes cúmulos globulares de estrelas coma Omega Centauri, é intrinsecamente brillante, pero aparece tenue porque está moi lonxe. NGC 2419 pode ter realmente unha orixe extragaláctica coma, por exemplo, os refugallos dunha galaxia pequena capturada e rota pola Vía Láctea. Pero a súa enorme distancia fai difícil estudalo e comparar as súas propiedades con outros cúmulos globulares que vagan o halo da nosa galaxia Vía Láctea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.