NGC 2403 na Xirafa

NGC 2403 na Xirafa

NGC 2403 na Xirafa
Créditos de imagen e copyright: Martin Pugh.

Explicación: O magnífico universo-illa NGC 2403 encóntrase dentro dos límites de Xirafa, a constelación do colo longo. A uns 10 millóns de anos luz de distancia e cun diámetro duns 50.000 anos luz, esta galaxia espiral semella conter máis rexións HII de formación estelar do habitual, indicadas polo resplandor avermellado do gas de hidróxeno atómico. As xigantescas rexións HII son enerxizadas por cúmulos de estrelas quentes e masivas que explotan como brillantes supernovas ao final das súas vidas curtas e furiosas. NGC 2403, membro do grupo de galaxias M81, parécese moito á galaxia do Triángulo M33, outra galaxia con numerosas rexións de formación estelar que se atopa dentro do noso grupo local de galaxias. As brillantes estrelas de aspecto pontiagudo desta imaxe de NGC 2.403 encóntranse en primeiro plano dentro da nosa Vía Láctea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.