New Horizons


Créditos do vídeo e copyright: National Space Society.
Explicación: dentro de tres semanas, a nave espacial automática New Horizons chegará a Plutón. Tal e como deixa claro o vídeo publicado, a humanidade gozou dunha época de exploración espacial sen precedentes dos planetas do noso Sistema Solar no pasado medio século. O vídeo salienta as ilustracións artísticas da Mariner 2 sobrevoando Venus en 1962, a Mariner 4 voando por Marte en 1965, a Pioneer 10 pasando por Xúpiter en 1973, a Mariner 10 voando por Mercurio en 1974, a Pioneer 11 pasando Saturno en 1979 e a Voyager 2 voando por Urano en 1986 e despois Neptuno en 1989. A seguinte é unha secuencia hipotética representando a New Horizons voando por Plutón o vindeiro mes. Asumindo que as cousas funcionen como está planeado, o planeta anano Plutón convertirase entón no mundo máis afastado explorado polos humanos. Por suposto, estas ilustracións de Plutón son só unha suposición. Como serán realmente Plutón e as súas lúas será unha mestura de cousas familiares, como cráteres, e cousas estrañas, coma…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.