As nebulosas da Araña e da Mosca

Créditos da imaxe e copyright: Joe Morris
Créditos da imaxe e copyright: Joe Morris
Créditos da imaxe e copyright: Joe Morris
Créditos da imaxe e copyright: Joe Morris

Explicación: collerá algunha vez a araña á mosca? Pois non, se ámbalas dúas son nebulosas de emisión cara a constelación do Carreteiro (Auriga). Unha ollada imaxinativa cara a ampla IC 417 (esquerda) e a diminuta NGC 1931 (dereita) suxire unha araña e unha mosca cósmicas. A rexión amosada tamén inclúe ao cúmulo estelar aberto M38, a nebulosa de emisión IC 410 con Cágados e á nebulosa da Estrela Flameante da propia Auriga IC 405. A uns 10 000 anos luz de distancia, as dúas representan a cúmulos abertos de estrelas formados en nubes interestelares e aínda incrustados no gas hidróxeno brillante. A efectos de escala, a máis compacta NGC 1931 (a Mosca) ten uns 10 anos luz de diámetro.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.