A nebulosa Ollo de Gato desde o Hubble

Nebulosa Ollo de Gato
Créditos da imaxe: NASA, ESA, HEIC e The Hubble Heritage Team (STScI/AURA).

Explicación: para algúns, pode parecerse ao ollo dun gato. Porén, a sedutora nebulosa Ollo de Gato atópase a tres mil anos luz da Terra ao través do espazo interestelar. A clásica nebulosa planetaria, o Ollo do Gato (NGC 6543), representa unha fase final e breve, aínda que gloriosa, na vida dunha estrela de tipo solar. Esta estrela central da nebulosa moribunda pode ter producido un deseño simple e externo de capas concéntricas poeirentas despois de quitarse varias capas nunha serie de convulsións regulares. Pero aínda non se comprende ben a formación das fermosas estruturas internas máis complexas. Tal e como se olla con claridade nesta imaxe do Telescopio Espacial Hubbla mellorada dixitalmente, realmente o ollo cósmico ten máis ou menos medio ano luz de diámetro. Naturalmente, contemplando o interior deste Ollo de Gato, os astrónomos ben poden estar a ollar o destino do noso Sol, destinado e entrar na súa propia fase de evolución de nebulosa planetaria… nuns 5 mil millóns de anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.