Créditos da imaxe: C. R. O’Dell, (Vanderbilt) et al. ESA, NOAO, NASA.
Explicación: como creou unha estrela a
nebulosa Hélice? As formas dunha
nebulosa planetaria coma a
Hélice son importantes porque probablemente manteñen pistas de como as estrelas de tipo
solar rematan as súas vidas. Porén, as observacións do
Telescopio Espacial Hubble en órbita e o
Telescopio Blanco de 4 metros en
Chile, amosaron que realmente a
Hélice non e unha
simple hélice. Antes ben, incorpora dous
discos case perpendiculares así coma arcos, ondas de choque e incluso
características aínda non ben comprendidas. Aínda así, fican moitas simetrías impresionantemente xeométricas. Como unha única estrela de tipo solar creou tal
complexidade xeométrica e á vez fermosa, é un tema de investigación. A nebulosa Hélice é a
nebulosa planetaria máis achegada á Terra, localízase a só uns 700
anos luz de distancia cara a constelación de
Aquarius e abarca uns 3 anos luz.