A Nebulosa da Lagoa en po e gas de estrelas

Nebulosa da Lagoa
Nebulosa da Lagoa
Créditos da imaxe e copyright: Remus Chua (Celestial Portraits).

Explicación: a grande e maxestosa nebulosa da Lagoa é fogar de moitas estrelas novas e gas quente. A nebulosa da Lagoa, que abarca 100 anos luz de diámetro mentres que se atopa a só uns 5.000 anos luz de distancia, é tan grande e brillante que se pode ollar sen telescopio cara a constelación de Sagittarius. Poden verse moitas estrelas brillantes coma NGC 6530, un cúmulo aberto que se formou na nebulosa hai só varios millóns de anos. A nebulosa máis grande, coñecida tamén coma M8 e NGC 6523, recibe o nome de “Lagoa” pola franxa de po que se olla á esquerda do centro do cúmulo aberto; un nó brillante de gas e po no centro da nebulosa que se coñece como a nebulosa Reloxo de Area. A imaxe presentada é unha panorámica procesada recentemente de M8, que captura cinco veces o diámetro da Lúa. A formación estelar continúa na nebulosa da Lagoa como se testemuña polos numerosos glóbulos que alí existen.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.