
Explicación: que acende a nebulosa da Chama? A mil cincocentos anos luz de distancia cara a constelación de Orión atópase unha nebulosa que, polo seu brillo e liñas de po escuro parece, á esquerda, coma un lume inchado. Pero o lume, a adquisición rápida de osíxeno, non é o que fai brillar a esta Chama. Máis ben é a estrela brillante Alnitak, a máis ao leste do Cinto de Orión que se olla xusto á dereita da nebulosa, que brilla cunha luz potente no interior da Chama e que bate nos electróns arrincándoo das grandes nubes de gas hidróxeno que residen aí. Moito do brillo resulta cando os electróns e o hidróxeno ionizado se recombinan. A imaxe superior en cores falsas da nebulosa da Chama (NGC 2024) tomouse coma unha composición tanto de luz infravermella coma visible, aparecendo a primeira onde un cúmulo de estrelas novas se fai visible. A nebulosa da Chama forma parte do Complexo de Nubes Moleculares de Orión, unha rexión de formación estelar que inclúe á famosa nebulosa da Cabeza de Cabalo.