Venres 29 Marzo 2024

A nebulosa Corazón en hidróxeno, osíxeno e xofre

Créditos da imaxe e copyright: Peter Jenkins.
Créditos da imaxe e copyright: Peter Jenkins.

Explicación: que alimenta á nebulosa Corazón? A gran nebulosa de emisión denominada IC 1805 semella, en conxunto, a un corazón. O brillo da nebulosa, así coma a forma do gas e as nubes de po, están alimentado polos ventos estelares e a radiación procedentes das estrelas quentes masivas do cúmulo de estrelas recén nacidas do cúmulo Melotte 15. Esta fonda imaxe telescópica rexistra a penetrante luz das liñas estreitas de emisión dos átomos de hidróxeno, osíxeno e xofre da nebulosa. O campo de visión abarca uns dous graos no ceo, polo que semella máis grande ca catro veces o diámetro dunha lúa chea. O corazón cósmico atópase na constelación de Cassiopeia, a fachendosa e mítica raíña de Etiopía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente