Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright : Francesco Antonucci
Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright : Francesco Antonucci

A nebulosa Cabeza de Cabalo Azul

Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright : Francesco Antonucci
Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright : Francesco Antonucci

Explicación: a nebulosa Cabeza de Cabalo Azul semella bastante diferente en luz infravermella. En luz visible, o po reflectante da nebulosa semella azul e coa forma parecida á cabeza dun cabalo. Porén, en luz infravermella xorde un labirinto complexo de filamentos, cavernas e casulos de po e gas brillantes, facendo así difícil identificar a icona equina. A imaxe publicada da nebulosa creouse en tres cores infrevemellas (R=22, G=12, B=4,6 micras) a partires de datos tirados pola sonda espacial Wide Field Infrared Survey Explorer (WISE ou Explorador de Sondaxe en Infravermellos de Campo Amplo) en órbita da NASA. A nebulosa está catalogada coma IC 4592 e abarca uns 40 anos luz, localizada a uns 400 anos luz de distancia cara a constelación Escorpión ao longo do plano da nosa galaxia Vía LácteaIC 4592 é máis tenue pero cobre unha rexión angular máis grande que a máis coñecida nebulosa Cabeza de Cabalo de Orión. A estrela que alumea e quece o po principalmente é Nu Scorpii, visible coma a estrela amarela á esquerda do centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.