Sábado 20 Abril 2024

A nebulosa Cabeza de Cabalo

Composición e procesado: Robert Gendler Datos da imaxe: ESO, VISTA, HLA, Hubble Heritage Team (STScI/AURA)
Composición e procesado: Robert Gendler
Datos da imaxe: ESO, VISTA, HLA, Hubble Heritage Team (STScI/AURA)

Explicación: para crear esta ampla perspectiva da paisaxe interestelar que arrodea á famosa nebulosa Cabeza de Cabalo foron empregados datos do gran telescopio terrestre VISTA e do Telescopio Espacial Hubble. A poeirenta nube molecular da rexión, captada en lonxitudes de onda do infravermello achegado, espállase por toda a escena que cobre un ángulo duns dous terzos do tamaño da Lúa chea no ceo. De esquerda á dereita abarca xusto uns 10 anos luz á distancia estimada para a Cabeza de Cabalo de 1 600 anos luz. A aínda recoñecible nebulosa Cabeza de Cabalo, coñecida tamén coma Barnard 33, fica na parte superior dereita, co brillo no infravermello achegado un piar de po que remata en estrelas recén nadas. Por baixo e á esquerda a propia nebulosa brillante de reflexión NGC 2023 é alumeada no contorno dunha estrela nova e quente. As escuras nubes de po por baixo da base da Cabeza de Cabalo e nas aforas de NGC 2023 amosan a desveladora emisión vermella dos potentes chorros, coñecidos coma obxectos Herbig-Haro, tamén asociados con estrelas recén nadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón