A Nebulosa Burbulla

Nebulosa Burbulla
Créditos da imaxe e copyright: Bernard Michaud

Explicación: inchada polo vento procedente dunha estrela masiva, esta aparición interestelar ten unha forma abraiantemente familiar. Catalogada coma NGC 7635, tamén se coñece simplemente coma a Nebulosa Burbulla. A burbulla de 10 anos luz de diámetro, aínda que de aparencia delicada, ofrece evidencia de procesos violentos en funcionamento. Por debaixo e á esquerda do centro da Burbulla hai unha estrela O, quente, varios centos de milleiros de veces máis luminosa e unhas 45 veces máis masiva có Sol. Un vento estelar fero e unha radiación intensa procedente desa estrela abourou a estrutura de gas brillante contra o material máis denso da nube molecular que a arrodea. A intrigante Nebulosa Burbulla mailo complexo de nubes asociado están a tan só 11.000 anos luz de distancia cara a fachendosa constelación Cassiopeia. Esta sedutora imaxe da burbulla cósmica está composta por datos de banda estreita, gravando a emisión dos átomos de osíxeno e hidróxeno ionizado da rexión. Para crear a imaxe en tres cores, a emisión do hidróxeno e o osíxeno representáronse en vermello e azul, e combináronse para crear a canle verde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.