A Nebulosa Bolboreta desde o Hubble

Nebulosa Bolboreta
Créditos da imaxe: NASA, ESA e o Hubble SM4 ERO Team; Reprocesado e copyright: Francesco Antonucci

Explicación: os cúmulos e nebulosas brillantes do ceo nocturno do planeta Terra son a miúdo nomeados coma flores ou insectos. Aínda que a súa envergadura cobre uns 3 anos luz, NGC 6302 non é unha excepción. A estrela moribunda central desta particular nebulosa planetaria, cunha temperatura superficial estimada nuns 250.000 graos Celsius, resulta excepcionalmente quente e brilla moi forte en luz ultravioleta pero oculta da visión directa por un toro denso de po. Este primeiro plano definido e cheo de cor da nebulosa da estrela moribunda foi gravado en 2009 pola Wide Field Camera 2 do Telescopio Espacial Hubble, pero preséntase aquí en cores reprocesadas para que se pareza máis ao que vería un ollo humano. O toro de po que arrodea a estrela central, atallando por unha cavidade brillante de gas ionizado, está no centro desta imaxe, case de canto á nosa liña de visión. Na envoltura cósmica poeirenta da estrela quente detectouse hidróxeno molecular. NGC 6302 atópase a uns 4.000 anos luz de distancia na aracnoloxicamente correcta constelación do Escorpión Scorpius).

Publicidade

Calendario de parede do APOD: nebulosas e cúmulos estelares

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.