Sábado 20 Abril 2024

MyCn18: unha nebulosa planetaria tipo reloxo de area

MyCn18: unha nebulosa planetaria tipo reloxo de area
Créditos da imaxe: R. Sahai and J. Trauger (JPL), WFPC2, HST, NASA.

Explicación: as areas do tempo esgótanse para a estrela central desta nebulosa planetaria con forma de reloxo de area. Co seu combustible nuclear en mínimos, esta fase concluínte, breve e espectacular, da vida dunha estrela do tipo solar ocorre mentres as súas capas máis externas son expulsadas; o seu núcleo está a converterse nunha anana branca fría e feble. En 1995, os astrónomos empregaron o Telescopio Espacial Hubble (HST) para tomar unha serie de imaxes da nebulosa planetaria, incluíndo a de enriba. Aquí, os aneis delicados de gas brillante cheo de cor (vermello-nitróxeno, verde-hidróxeno e azul-osíxeno) perfilan os muros tenues do reloxo de area. A definición sen precedentes das imaxes do HST desvelaron detalles abraiantes do proceso de exección da nebulosa que están axudanto a resolver os misterios pendentes das formas complexas e as simetrías das nebulosas planetarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente