Venres 19 Abril 2024

Montes de po na nebulosa Carina

Créditos da imaxe: NASA, ESA e M. Livio (STScI)
Créditos da imaxe: NASA, ESA e M. Livio (STScI)

Explicación: son estrelas contra po na nebulosa Carina e as estrelas están a gañar. Máis precisamente, a potente luz e os ventos procedentes das estrelas masivas recén formadas están a evaporar e esparexer as poeirentas garderías estelares nas que se formaron. A aparencia destes piares, localizados na nebulosa Carina e coñecidos informalmente coma monte Místico, está dominada polo po escuro aínda que está composto na maior parte de gas hidróxeno claro. Os piares de po coma estes son en realidade moito máis finos có aire e só semellan montañas polas cantidades relativamente pequenas de po opaco interestelar. A imaxe publicada, a uns 7 500 anos luz de distancia, foi tirada co Telescopio Espacial Hubble e salienta unha rexión interior de Carina que abarca uns tres anos luz. Nuns poucos millóns de anos, probablemente as estrelas gañarán por completo e toda a montaña de po evaporarase.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón