Sábado 20 Abril 2024

Mirando cara M101

Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich
Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich

Explicación: o cometa Catalina (C/2013 US10), cruzando os ceos setentrionais, fixo o seu achegamento máis próximo o 17 de xaneiro, pasando a uns 6 minutos luz do noso fermoso planeta. O cometa, coas colas de ións e po separadas claramente nesta fotografía desde a Terra, tamén posou para un momento Messier, preto da liña de visión de M101, a gran galaxia espiral na Osa Maior. M101, unha tarabela cósmica abaixo á esquerda, ten case o dobre de tamaño cá nosa propia galaxia Vía Láctea, pero a uns 270 mil séculos luz de distancia. Tanto a galaxia coma o cometa son obxectivos relativamente brillantes e doados para observadores do ceo equipados con prismáticos. Pero o cometa Catalina está agora a saír do interior do Sistema Solar e atenuarase paseniñamente nos vindeiros meses. Este mosaico telescópico de dous paneis abarca uns 5 graos (10 lúas cheas) do ceo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón