Meteoro na Vía Láctea

Meteoro na Vía Láctea

Meteoro na Vía Láctea
Créditos da imaxe e copyright: Marko Korosec.

Explicación: as chuvias de abril da Terra inclúen a chuvia de meteoros das líridas, olladas durante máis de 2.000 anos cando o planeta fai o seu anual pase ao través da corrente de po do cometa de período longo Thatcher. Un gran de po do cometa, movéndose a 48 quilómetros por segundo a unha altitude de 100 quilómetros máis ou menos, é varrido nesta vista do ceo nocturno ás primeiras horas do 21 de abril. Alustrando cara o horizonte surleste, a raia brillante do meteoro cruza a rexión central da Vía Láctea que se ergue. O seu ronsel parece vir do radiante da chuvia na constelación de Lira, no alto do ceo setentrional da primavera e fóra do alto do recadro. A cor amarela da estrela xigante Antares brilla á dereita do bulbo da Vía Láctea. Aínda máis alto está o brillante planeta Saturno, preto do bordo dereito. Ollado desde Istra (Croacia), o brillo verdeallo do meteoro das líridas reflíctese nas augas do mar Adriático.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.