Mencer cataclísmico

Mencer cataclismico
Créditos da ilustración e copyright: Mark A. Garlick (Space-art.co.uk).

Explicación: traerá este mencer outra nova? Tales dilemas poderían ser ponderados un día polos humanos futuros que vivan nun planeta en órbita dun sistema estelar binario de variables cataclísmicas. As variables cataclísmicas inclúen gas que cae desde unha estrela grande a un disco de acreción que arrodea unha estrela anana branca masiva pero compacta. Os eventos explosivos cataclísmicos como unha nova anana poden ocorrer cando unha presa de gas do interior do disco de acreción se quece ata pasar unha certa temperatura. Nese punto, esa presa caerá máis axiña ao interior da anana branca e aterrará cun flash brillante. Tales novas ananas non destruirán a estrela, e poden ocorrer de xeito irregular en escalas temporais que van desde uns poucos días a deceas de anos. Aínda que unha nova é moito menos enerxética ca unha supernova, se as novas recurrentes non son abondo violentas para expulsar máis gas do que cae ao interior, a masa amorearase no interior da estrela anana branca ata que supere o seu límite de Chandrasekhar. Nese punto, unha cova coma a do primeiro plano pode proporcionar algo de protección, mentres toda a estrela anana branca explotará nunha supernova tremenda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.