Venres 19 Abril 2024

Melotte 15 no Corazón

Créditos da imaxe e copyright: Steve Cooper
Créditos da imaxe e copyright: Steve Cooper

Explicación: as nubes cósmicas forman formas de fantasía nas zonas centrais da nebulosa de emisión IC 1805. As nubes son esculpidas polos ventos e a radiación estelares procedentes das estrelas quentes e masivas con Melotte 15, o cúmulo de estrelas acabadas de nacer, no interior da nebulosa. As estrelas do cúmulo, cuns 1,5 millóns de anos de idade, esparéxense por esta paisaxe celeste chea de cor, xunto con nubes de po escuro perfiladas contra o brillante gas atómico. A vista, unha composición de imaxes telescópicas de banda estreita e ampla, abarca uns 15 anos luz e inclúe a emisión dos átomos ionizados de hidróxeno, xofre e osíxeno que se representan nas cores verde, vermella e azul da popular paleta do Hubble. As imaxes de campo máis amplo desvelan que o perfil global e máis sinxelo de IC 1805 apunta ao seu nome popular: a nebulosa Corazón. IC 1805 atópase a uns 7 500 anos luz de distancia cara á fachendosa constelación de Cassiopeia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón