Marte retrógrado

Marte
Créditos e copyright: Tunç Tezel (TWAN).

Explicación: por que parecería Marte moverse cara atrás? A maior parte do tempo, o movemento aparente de Marte no ceo da Terra é nunha dirección, lento pero continuo por diante das estrelas afastadas ao lonxe. Porén, cada uns dous anos, a Terra adianta a Marte mentres orbita ao redor do Sol. O máis recente destes adiantamentos comezou a finais do ano pasado, Marte como é habitual, achégase grande e brillante. Tamén durante este tempo, Marte parecía moverse cara atrás no ceo, un fenómeno chamado movemento retrógrado. Aquí amósase unha serie de imaxes amoreadas dixitalmente para que todas as estrelas coincidan. Aí Marte parece perfilar un bucle estreito no ceo. No centro do bucle, a Terra adiantaba a Marte e o movemento retrógrado estaba no máximo. O movemento retrógrado tamén pode ollarse para outros planetas do Sistema Solar.
Calendario de parede do APOD: lúas e planetas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.