Xoves 28 Marzo 2024

Marte entre nebulosas

Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Voltmer
Créditos da imaxe e copyright: Sebastian Voltmer

Explicación: que é esa mancha brillante e vermella entre as nebulosas da Lagoa e Trífida? Marte. Esta espectacular fotografía en cor do ceo fondo capturou ao planeta vermello pasando entre as dúas nebulosas destacadas; catalogadas polo rexistrador cósmico do século XVIII Charles Messier coma M8 e M20. M20 (por riba e á dereita do centro), a nebulosa Trífida, presenta un contraste abraiante en cores vermello/azuis e corredores de po escuro. Abaixo e á dereita está o amplo e sedutor brillo vermello de M8, a nebulosa Lagoa. Ámbalas dúas nebulosas están a uns poucos milleiros anos luz de distancia. Por comparación, dituado temporalmente entre as dúas, está a almenara celeste que domina a zona; Marte. Tirada a semana pasada, o planeta vermello estaba a só uns 10 minutos luz de distancia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón