Martes 23 Abril 2024

Marte e Saturno visitan as nubes da Vía Láctea

Créditos da imaxe e copyright: Carlos Eduardo Fairbairn
Créditos da imaxe e copyright: Carlos Eduardo Fairbairn

Explicación: planetas, estrelas, nebulosas e unha galaxia; esta impresionante imaxe ten de todo. Os máis achegados a casa son dous planetas Marte (dereita) e Saturno (centro),  visibles coma os dous puntos alaranxados da metade superior da imaxe publicada. Á dereita do centro estás as coloridas nubes estelares Rho Ophiuchus que amosan á brillante estrela laranxa Antares aliñada por baixo de Marte. Estas nubes interestelares conteñen tando nebulosas de emisión vermella coma nebulosas de reflexión azuis. Na parte superior dereita da imaxe está a nebulosa de reflexión Cabeza de Cabalo Azul. Na parte inferior esquerda hai moitas nebulosas escuras de absorción que se estenden desde a banda central da nosa galaxia Vía Láctea. A fonda composición publicada foi elaborada a partires de múltiples exposicións fondas tiradas o mes pasado desde Brasil. Aínda que necesitas un telescopio para mirar as nebulosidades, Saturno e Marte ficarán visibles a simple vista este mes cara o leste, xusto tralo solpor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema