Marte, día despois

Marte
Créditos da imaxe e copyright: Rolando Ligustri (CARA Project, CAST).

Explicación: o 31 de outubro de 1938 era o día posterior a que os marcianos chegaran ao planeta Terra, e todo seguía calmo. Os informes da invasión foran revelados como parte dun drama radiofónico de Halloween, a agora famosa emisión baseada na novela de ciencia ficción de H. G. Wells A Guerra dos Mundos. O 20 de outubro de 2014, Marte tamén estaba calmo, o día despois ao seu encontro achegado co cometa Siding Spring. Este cometa, non é un bulo, realmente chegou a estar a 86.700 millas aproximadamente de Marte, máis ou menos un terzo da distancia Terra-Lúa. As naves espaciais e os todoterreos terrestres en órbita e na superficie de Marte non informaron de danos, e tiveron un asento de primeira fila mentres un visitante procedente do sistema solar exterior pasaba por diante. Esta instantánea telescópica e chea de cor, que abarca uns 2 graos contra as estrelas da constelación Ophiuchus, capta a nosa vista de Marte no día posterior. Na parte superior dereita está a estrela azulada 51 Ophiuchi e o cometa está a emerxer do fulgor do Planeta Vermello.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.