Manchas e eclipse solar

Eclipse solar
Créditos da imaxe e copyright: Michael Bolte (UCSC).

Explicación: unha Lúa nova uniuse ao xigante grupo de manchas solares AR 2192 para marcar o brillante disco solar durante a xa prevista eclipse parcial solar do xoves. A ancha silueta da Lúa, visible desde gran parte de Norteamérica, cáptase nesta instantánea intensa con teleobxectivo preto do máximo da eclipse desde Santa Cruz, California. Máis ou menos do tamaño de Xúpiter, o propio e destacado AR 2192 escurece unha parte notoria do Sol, preto do centro e por baixo do limbo lunar. Mentres o grupo de manchas solares rota lentamente ao través do Sol, fóra da vista é difícil de predicir a súa actividade nos vindeiros días. Pero a hora das eclipses solares é máis sinxela de prever. A vindeira será unha eclipse solar total o 20 de marzo de 2015.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.