Xoves 28 Marzo 2024

Madrugada en Kenia: Lúa, planetas e Táurida

Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Explicación: o 8 de novembro, unha Lúa crecente xuntouse co actual desfile de planetas dos ceos matinais da Terra. Captada aquí desde o Parque Nacional Amboseli (Kenya), incluso o luar sobreexposto non pode desgastar o brillante Venus, aliñado preto do plano da eclíptica co tenue Marte e o brillante Xúpiter, máis arriba. Como se a Lúa e os planetas non fosen abondo, un meteoro das Táuridas con brillo semellante tamén racha ao través da escena. De feito, a chuvia de meteroros das Táuridas de novembro tivo unha proporción elevada de bólidos brillantes. Os meteoros, que flúen aparentemente desde un radiante en Taurus, están provocados polo paso anual do noso fermoso planeta ao través dos refugallos do cometa 2P/Encke. Os grans de po do cometa son capturados pola atmosfera da Terra a unha velocidade relativamente lenta duns 27 quilómetros por segundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites