M64: a galaxia do Ollo Negro

M64: a galaxia do Ollo Negro

M64: a galaxia do Ollo Negro
Créditos da imaxe e copyright: Michael Miller, Jimmy Walker.

Explicación: esta fermosa galaxia espiral, grande e brillante, é Messier 64, a miúdo chamada a galaxia do Ollo Negro ou a galaxia da Bela Durminte pola súa aparencia de “pálpebras pesadas” en vistas telescópicas. M64 está a uns 17 millóns de anos luz de distancia na por outra parte enfeitada constelación meridional Coma Berenices. De feito, a galaxia do Ollo Vermello tamén podería ser un alcume axeitado para esta composición chea de cor. As enormes nubes de po que escurecen a parte achegada da rexión central de M64 están amalloadas co desvelador brillo avermellado do hidróxeno asociado das rexións de formación estelar. Pero non son a única característica estraña desta galaxia. As observacións amosan que realmente M64 está composta por dous sistemas concéntricos rotando á contra. Mentres todas as estrelas de M64 rotan na mesma dirección có gas interestelar da rexión central da galaxia, o gas das rexións máis externas, que se estende a uns 40.000 anos luz, rota da dirección oposta. O ollo poeirento e a rotación rara probablemente son o resultado dunha fusión de dúas galaxias diferentes hai mil millóns de anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.