Venres 29 Marzo 2024

M57: a nebulosa do Anel

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Legacy Archive; Composición: Giuseppe Donatiello
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Legacy Archive; Composición: Giuseppe Donatiello

Explicación: agás polos aneis de Saturno, probablemente a nebulosa do Anel (M57) sexa a argola celeste máis famosa. Porén, pénsase que a súa aparencia clásica se debe á nosa propia perspectiva. O cartografado recente da estrutura 3-D da nebulosa en expansión, baseada en parte nesta clara imaxe do Hubble, indica que a nebulosa é relativamente densa, cun anel con forma de rosquilla envolvido ao redor da metade dunha nube de gas brillante con forma de balón de fútbol (americano). A vista desde o planeta Terra apunta cara abaixo do eixe longo do anel conforma de balón, de fronte. Por suposto, neste exemplo ben estudado de nebulosa planetaria, o material brillante non procede de planetas. En vez diso, a envoltura gasosa representa as capas máis externas expulsadas desde unha estrela de tipo solar que morreu, agora unha pequena alfinetada de luz que se olla no centro da nebulosa. A intensa luz ultravioleta que procede da quente estrela central ioniza os átomos do gas. A nebulosa do Anel ten aproximadamente un ano luz de diámetro e está a 2.000 anos luz de distancia.

Comparte o ceo: a NASA abre a API do APOD 
Charla en Ourense coas imaxes do último ano. No Liceo, sábado 21 abril ás 20.00.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente