Sábado 20 Abril 2024

M16: os piares da creación estelar

Créditos da imaxe: J. Hester, P. Scowen (ASU), HST, NASA
Créditos da imaxe: J. Hester, P. Scowen (ASU), HST, NASA

Explicación: na nebulosa da Aguia están a formarse estrelas novas. Esta imaxe, tomada co Telescopio Espacial Hubble en 1995, amosa glóbulos gasosos a evaporarse (EGGs) que emerxen desde os piares de gas hidróxeno molecular e po. Os piares xigantes teñen anos luz de lonxitude e son tan densos que o gas do interior contráese pola gravidade para formar estrelas. No final de cada piar, a intensa radiación das estrelas novas e brillantes fai que o material de baixa densidade se evapor, deixandro as garderías estelares de EGGs densos expostos. A nebulosa da Aguia, asociada co cúmulo estelar aberto M16, atópase a uns 7000 anos luz de distancia. Os piares da creación foron fotografados de novo en 2007 polo Telescopio Espacial Spitzer en órbita en luz infravermella, levando á conxetura de que os piares xa poderían ter sido destruídos por unha supernova local, pero a luz dese evento aínda non acadou á Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón