M104: a galaxia Sombrero

M104: a galaxia Sombrero

M104: a galaxia Sombrero
Datos da imaxe: NASA, ESA , NAOJ, Giovanni Paglioli – Procesado: R. Colombari.

Explicación: a abraiante galaxia espiral M104 é famosa pola súa aparencia case de canto cun anel ancho de corredores de po escuro. Vista en silueta contra un gran vulto de estrelas, a franxa de po cósmico presta un aspecto parecido a un sombreiro de á ampla á galaxia suxerindo o seu alcume máis popular, a galaxia Sombrero (N.T.: en castelán no orixinal). Aquí, os datos do Telescopio Espacial Hubble e do telescopio terrestre Subaru reprocesáronse con datos de cor de afeccionados para crear unha imaxe definida da galaxia tan coñecida. O procesado resulta nunha aparencia en cor natural e preserva os detalles a miúdo perdidos no brillo cegador do vulto central de M104 cando se mira con instrumentos terrestres máis pequenos. A galaxia Sombrero, tamén coñecida coma NGC 4594, pode ollarse en todo o espectro e pénsase que alberga un burato negro supermasivo no centro. Cuns 50.000 anos luz de tamaño e a uns 28 millóns de anos luz de distancia, M104 é unha das galaxias máis grandes no límite meridional do Cúmulo Galáctico de Virgo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.