Luz solar, luz terrestre

Lúa
Créditos da imaxe: Dylan O’Donnell.

Explicación: a data de hoxe marca un equinoccio e unha Lúa nova. De xeito extraordinario, mentres ocorren ámbolos dous eventos xeocéntricos ao mesmo tempo nun intervalo de só 13 horas, a Lúa tamén chega á súa fase nova só 14 horas despois do perixeo, o punto máis achegado da súa órbita. Iso fai da Lúa nova do equinoccio a máis grande de 2015, aínda que complicada de ollar, xa que a fase lunar presenta a parte escura da Lúa, a faciana nocturna cara o planeta Terra. Aínda así, nesta imaxe ben composta dunha fase lunar moza de finais de xaneiro podes albiscar tanto a noite mailo día da superficie lunar, a parte nocturna feblemente alumeada polo brillo terrestre preto do crecente alumeado fortemente polo Sol da parte do día. Pero algúns ollarán a Lúa nova do equinoccio de hoxe silueteada! A eclipse solar do equinoccio será total nunha tira estreita do Océano Ártico, visible coma diferentes fases parciais desde Europa, o norte de África e o oeste de Asia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.