Luz e sombra de leste a oeste

Créditos a imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Créditos a imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Créditos a imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)
Créditos a imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Explicación: na mañá deste novembro un pequeno crecente lunar e a estrela matutina érguense xusto antes có Sol nunha ampla paisaxe celeste panorámica desde o Parque Nacional Amboseli de Kenia. Aínda se pode atopar de xeito doado a posición do Sol, no horizonte leste, por baixo das gallas dunha acacia. Está sinalado á esquerda pola sutil converxencia de luz e sombras no ceo do mencer. Os raios de luz solar de cores cálidas, coñecidos coma raios crepusculares, están perfilados polas sobras proxectadas por nubes que non se ollan preto do horizonte. Arqueándose por riba da silueta do monte Kilimanjaro, cara á dereita, os raios de luz e sombra converxen no horizonte occidental.  Coñécense coma raios anti-crepusculares, indican o punto oposto ao sol saínte. As sombras das nubes son case paralelas, pero converxen cara o horizonte afastado pola perspectiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.