Luz desde Cygnus A

Galaxia activa Cygnus A

Galaxia activa Cygnus A
Créditos da imaxe: Raios X: NASA/CXC/SAO; VIsual: NASA/STScI; Radio: NSF/NRAO/AUI/VLA.

Explicación: Celebrando a astronomía neste Ano Internacional da Luz, a detallada imaxe desvela a espectacular galaxia activa Cygnus A en luz de todo o espectro electromagnético. Cygnus A, que incorpora datos de rayos X (azul) do Observatorio Chandra en órbita,  resulta ser unha fonte prodixiosa de raios X de alta enerxía. Pero realmente é máis famosa no final da baixa enerxía do espectro electromagnético. Unha das fontes celestes máis brillantes visible para radiotelescopios a 600 millóns de anos luz de distancia, Cygnus A é a radio galaxia potente máis achegada. A emisión en radio (vermello) esténdese a cada beira ao longo do mesmo eixo durante case 300.000 anos luz impulsada por chorros de partículas relativistas que emanan desdeo burato negro supermasivo central da galaxia. As zonas brillantes probablemente marquen as terminacións dos chorros ao impactar co material denso que os arrodea. Os datos en lonxitude de onda do visual da galaxia, reducidos ás cores amarelas, procedentes do Hubble e do campo do arredor no Digital Sky Survey completan unha imaxe multilonxitude de onda destacada.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.