Venres 29 Marzo 2024

Luminiscencia sobre Azores

Créditos da imaxe e copyright: Miguel Claro (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Miguel Claro (TWAN)

Explicación: por que brillaría o ceo coma un arco da vella xigante continuo? Por unha luminescencia. Agora o aire brilla todo o tempo, pero normalmente é difícil de ollar. Porén, unha perturbación (coma unha tormenta que se achega) pode provocar ondulacións destacadas na atmosfera da Terra. Estas ondas de gravidade son ondulacións no aire análogas ás creadas cando un croio se guinda na auga calma. A exposición de longa duración feita case ao longo das paredes verticais da luminescencia probablemente fixo que a estrutura ondulada fose especialmente visible. Vale, pero onde se orixinan as cores? O brillo vermello escuro probablemente se orixina a partires das moléculas de OH, excitadas pola luz ultravioleta do Sol. O verde está causado por átomos de osíxeno. A imaxe foi tomada no Monte Pico, nas Azores, en Portugal. E no centro vemos a nosa galaxia, a Vía Láctea, ademais de M31, a galaxia Andrómeda, visible preto do borde superior esquerdo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Primeira imaxe en luz polarizada do burato negro da Vía Láctea

Grazas a esta nova vista de Saxitario A*, a rede global de radiotelescopios EHT revela a existencia de fortes campos magnéticos xirando arredor do seu borde

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites