Lúas potencialmente habitables

luas habitables
Créditos da imaxe: investigación e compilación – René Heller (McMaster Univ.) et al. Paneis – NASA/JPL/Space Science Institute/Ted Stryk Expliación: para os astrobiólogos, estas poden ser as catro lúas máis prometedoras do noso Sistema Solar. Amosadas á mesma escala, a súa exploración por sondas espaciais interplanetarias introduciu a idea de que non só os planetas, senón tamén as lúas, poderían ter contornos compatibles coa vida. A misión Galileo cara Xúpiter descubriu o océano global de auga líquida por baixo da superficie de Europa e indicios dos mares interiores de Ganímedes. En Saturno, a sonda Cassini detectou fontes de xeo de auga en erupción desde Enceladus que apuntan a auga por baixo da superficie máis quente aínda que a pequena lúa, así coma os lagos superficiais de hidrocarburos glaciais pero aínda líquidos atopados por baixo da densa atmosfera da gran lúa Titán. Ollemos agora máis alá do Sistema Solar; novas investigacións suxiren que as exo-lúas grandes poderían realmente superar en número aos exoplanetas situados en zonas habitables da súa estrela. Iso faría das lúas a clase máis común de mundo habitable do Universo. NOTA: gustas da astonomía? A finais de setembro, AstroBiocos 2014, para iniciarte na astronomía ou aprender máis ou compartir con outros afeccionados.
luas habitables
Créditos da imaxe: investigación e compilación – René Heller (McMaster Univ.) et al. Paneis – NASA/JPL/Space Science Institute/Ted Stryk.

Explicación: para os astrobiólogos, estas poden ser as catro lúas máis prometedoras do noso Sistema Solar. Amosadas á mesma escala, a súa exploración por sondas espaciais interplanetarias introduciu a idea de que non só os planetas, senón tamén as lúas, poderían ter contornos compatibles coa vida. A misión Galileo cara Xúpiter descubriu o océano global de auga líquida por baixo da superficie de Europa e indicios dos mares interiores de Ganímedes. En Saturno, a sonda Cassini detectou fontes de xeo de auga en erupción desde Enceladus que apuntan a auga por baixo da superficie máis quente aínda que a pequena lúa, así coma os lagos superficiais de hidrocarburos glaciais pero aínda líquidos atopados por baixo da densa atmosfera da gran lúa Titán. Ollemos agora máis alá do Sistema Solar; novas investigacións suxiren que as exo-lúas grandes poderían realmente superar en número aos exoplanetas situados en zonas habitables da súa estrela. Iso faría das lúas a clase máis común de mundo habitable do Universo.

Publicidade

NOTA: gustas da astronomía? A finais de setembro, AstroBiocos 2014, para iniciarte na astronomía ou aprender máis ou compartir con outros afeccionados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.