Xoves 25 Abril 2024

A Lúa avermellada da eclipse

Créditos da imaxe e copyright: Fred Espenak (MrEclipse.com)
Créditos da imaxe e copyright: Fred Espenak (MrEclipse.com)

Explicación: preto do punto máis achegado da súa órbita, a segunda Lúa chea do mes ocorreu o 31 de xaneiro. Por iso foi tamén a primeira eclipse lunar total de 2018, mentres a Lúa esvaraba pola sombra do planeta Terra. Esta instantánea telescópica capta, nunha postal do planeta Terra, a Lúa eclipsada totalmente mentres se pon por riba do horizonte occidental e as montañas Chiricahua da Arizona meridional. A evocativa cor avermellada da Lúa débese á luz solar esparexida no interior da sombra. Contodo, a sombra do planeta aumenta visiblemente preto do centro, cara a parte superior do disco lunar.

Xa está aquí a xira anual de charlas do APOD, con charlas de astronomía por toda Galicia. O 2 de febreiro en Santiago de Compostela.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada